Pasar al contenido principal

O vicepresidente de Mapfre disertará no Colexio de Fonseca sobre o proceso de internacionalización da compañía cara América Latina

O vicepresidente de Mapfre e presidente de Mapfre Empresas, Filomeno Mira Candel, participa este xoves 16 nas actividades académicas organizadas pola Cátedra Bolívar. No acto estarán presentes ademais o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, e o director da cátedra, o profesor Luis Caramés.
Filomeno Mira pronunciará a conferencia titulada ‘Mapfre e a súa internacionalización: o caso de América Latina’, nunha sesión que se vai celebrar a partir das 19:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2008.