Presentación da programación cultural durante a Semana de Benvida
O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, presentará estes luns 13, ás 11:30 horas, as actividades programas na Semana de Benvida, que se organizan ao amparo do convenio Lugo Cultural e no que participan, ademais da USC, o Concello, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia. De feito, neste acto estarán presentes tamén a concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao; o xefe do servizo de Creación e Difusión Cultural da Xunta, Rafael López-Vizcaíno Saavedra, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
A Semana de Benvida celebrarase do 19 ao 26 de outubro combinando como sempre actividades entre as que figuran concertos de música, rutas, exposicións, teatro e danza.