Pasar al contenido principal

A escritora Nélida Piñón, de novo na USC

Elias J. Torres acompañou a Nélida Piñón no seu percorrido pola exposición do Colexio de Fonseca
Elias J. Torres acompañou a Nélida Piñón no seu percorrido pola exposición do Colexio de Fonseca

A escritora brasileira Nélida Piñón estivo este venres na Universidade de Santiago nunha viaxe privada na que se reuniu co vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres. Xuntos percorreron no Colexio de Fonseca a mostra ‘Innovación e Territorio. O legado de Fontán ao século XXI’.
A coñecida intelectual e doutora Honoris Causa pola USC atópase estes días en Galicia para visitar a vellos amigos e compañeiros, aproveitando que proximamente presentará en Barcelona o seu último libro Aprendiz de Homero.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2008.