Pasar al contenido principal

Novas conferencias do Seminario de Novos Materiais

A Sala de Graos de Facultade de Farmacia acolle este venres 6 dúas conferencias enmarcadas no Seminario de Novos Materiais que organiza o grupo de investigación que dirixe o profesor Castiñeiras no Departamento de Química Inorgánica.
‘Molecular Nanoclusters. Synthesis, structure and optical properties’ é o título da charla que ás 11:30 horas impartirá Olaf Fuhr, investigador do Institut für Nanotechnologie des Forschungszentrums Karlsruhe (Alemaña). Fuhr presentou en 1999 a súa tese de doutoramento no Institut für Anorganische Chemie der Universität Karlsruhe que realizou baixo a dirección do profrsor Fenske sobre clusters de zinc e cadmio estabilizados con fosfinas. Tras o seu paso como axudante de investigación no Institut für Anorganische Chemie e no Institut für Nanotechnologie des Forschungszentrums de Karlsruhe, en 2002 disfrutou dunha bolsa postdoutoral para unha estadía no Institut für Physikalische Chemie der Hebräischen Universität Jerusalem co profrsor U. Banin.
A continuación, ás 12:30 horas, intervirá Stefanie Dehnen co relatorio ‘Multinarity in different dimensions: Synthesis and properties of colored relatives of zeolites’. Dehnen fixo a súa tese en 1996 co profesor Fenske no Institut für Anorganische Chemie der Universität Karlsruhe sobre un estudo teórico e experimental de clusters de cobre con pontes xofre e selenio. Tras traballar no Lehrstuhl für Theoretische Chemie que dirixe o profesor R. Ahlrichs nunha investigación sobre a química cuántica de complexos de metais do bloque f, en 2004 recibiu a súa habilitación investigando sobre calcogenoestannatos metálicos. Dende 2006 pasou a catedrático de Química Inorgánica da Philipps-Universität Marburg, na que continua na actualidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2008.