Pasar al contenido principal

O reitor inaugura no Campus de Lugo o edificio CACTUS

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, inaugurará este mércores 11, ás 12:30 horas, o edificio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo (CACTUS). No acto participarán tamén, representando ás institucións que colaboraron no financiamento deste edificio, o alcalde de Lugo, José López Orozco; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido Tourón.
O acto desenvolverase no interior do propio edificio comezando cunha intervención das autoridades presentes no salón de xuntas da planta baixa. A continuación, descubrirase unha placa situada no vestíbulo e cortarase a cinta inaugural.
Tanto o reitor como as autoridades presentes realizarán un percorrido polo interior do edificio, que acolle 21 laboratorios en funcionamento, ademais da sede do CITT, o SIT e Uniemprende.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2008.