Pasar al contenido principal

A Biblioteca Intercentros de Lugo imparte un novo curso sobre o xestor bibliográfico RefWorks

A Biblioteca Intercentros de Lugo desenvolverá este mércores 18 un curso de xestor bibliográfico RefWorks dentro dos programas de formación específicos como apoio á docencia e á investigación. O curso está destinado principalmente ao persoal docente e investigador e a estudantes de terceiro ciclo e de posgrao.
O curso, para o que hai dez prazas, terá lugar na aula de informática da Biblioteca entre as 12:00 e as 13:30 horas. No seu transcurso explicarase como crear unha base de datos persoal, as utilidades do RefWorks, como crear unha bibliografía e darase conta das opción avanzadas do sistema.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2008.