Senén Barro e Fernando Blanco asinan o convenio para a celebración dun congreso sobre turismo en cidades Patrimonio da Humanidade
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, e o conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco, asinarán estes martes 9 de setembro o convenio que permitirá a celebración dunha nova edición do Congreso Internacional sobre xestión turística de monumentos e cidades Patrimonio da Humanidade (‘Touristic Management of Wold Heritage monuments and cities’).
A sinatura do convenio terá lugar ás 11:30 horas na delegación provincial da Consellaría de Innovación, situada no edificio multiusos da Xunta de Galicia.