Pasar al contenido principal

Concerto do grupo de Música Antiga 'Martín Codax' na Igrexa da Universidade

O grupo de Música Antiga Martín Codax ofrecerá un concerto este mércores, dia 10, ás 20:00 horas na Igrexa da Universidade, no que interpretarán temas do Códice Calixtino, Cantigas de Amigo, Livre Vermell de Montserrat e Cantigas de Alfonso X.
O grupo de Música Antiga ‘Martín Códax’ leva quince anos dedicado ao estudo e interpretación da música escrita dende a Idade Media ata o Renacemento, especialmente dos séculos XII, XIII e XIV. O nome do grupo rende homenaxe a un dos máis importantes representantes da lírica galaico-portuguesa, o trobador vigués Martín Códax, sendo as súas sete cantigas parte do seu repertorio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.09.2008.