O catedrático Enrique Gómez-Reino desenvolve estes días unhas estadía en Brasil

Participou nun seminario e reuniuse con diversos ministros brasileiros
O catedrático de Dereito Administrativo na USC, Enrique Gómez-Reino y Carnota, desenvolve estes días unha estadía en Brasil onde participou no programa dun seminario e en diversos encontros con ministros do goberno brasileiro co que desenvolve unha constante colaboración en calidade de asesor especializado.
O docente da USC ao longo destes días entrou en contacto cos ministros de Turismo, de Acción Social e de Pesca para tratar sobre as posibilidades de colaboración entre empresas españolas en brasileiras nos seus respectivos ámbitos.
Ademais, o catedrático da universidade compostelá foi convidado a participar o próximo mes de novembro nun seminario en Salvador de Bahía sobre tributos en Brasil e seguridade social.