Pasar al contenido principal

O pianista británico Roger Vignoles inaugura o IX Ciclo de Lied cunha conferencia no Paraninfo

O pianista británico Roger Vignoles inaugurará este martes, 9 de setembro, o IX Ciclo de Lied cunha conferencia no Paraninfo da Universidade. Na súa intervención, a partir das 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo, falará da canción francesa.
O IX Ciclo de Lied organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura da USC, a Asociación Galega da Lírica e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo comprende un ciclo de concertos que se celebrarán na cidade de Compostela entre os meses de setembro e outubro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.09.2008.