Pasar al contenido principal

Comeza a XXVI Reunión do Grupo Especializado en Química Organometálica

A inauguración oficial do encontro terá lugar este martes, día 9, ás 19:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

A XXVI Reunión do Grupo Especializado en Química Organometálica comeza este martes, día 9, cun acto oficial de apertura que terá lugar ás 19:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Asistirán a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso; o director xeral de Universidades, Xosé Ramón Leis; de Turismo, Rubén Lois; e o de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde Pumpido. Na inauguración tamén participan a responsable de Educación do Concello de Santiago, Guadalupe Rodríguez, e o presidente do comité organizador do congreso, Xosé Manuel Vila.
As sesións académicas, que se celebrarán na Facultade de Medicina ata o venres 12, abren o mércores 10 ás 9:30 horas coa conferencia do catedrático da Universidade de Oviedo, José Jimeno. Falará sobre compostos organometálicos e as súas aplicacións actuais.
En xeral, o encontro centrarase nos distintos aspectos da química organometálica e as súas utilizacións, sobre todo, no eido industrial, coa creación de novos materiais, e en procesos biolóxicos xa que teñen propiedades antitumorais e anticancro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.09.2008.