O catedrático Lourenzo Fernández presenta en Madrid os resultados do proxecto 'As vítimas, os nomes, as voces e os lugares'
O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, presidirá a inauguración da exposición fotográfica de Xurxo Lobato titulada ‘Rostros da memoria’. No acto, que terá lugar ás 20:00 horas na Casa de Galicia en Madrid, o tamén catedrático de Historia Contemporánea pronunciará unha conferencia na que presentará os resultados do proxecto ‘As vítimas, os nomes, as voces e os lugares’.
Con case dous anos e medio de investigación, a iniciativa dirixida polo vicerreitor sumou máis de 4.000 vítimas galegas polo franquismo e “aínda queda traballo por facer”.
A cuestión da memoria histórica tamén se trata na mostra fotográfica que reúne unha colección de retratos dos represaliados galegos. A exposición lembra aos homes e mulleres que loitaron pola liberdade durante o franquismo a través das súas imaxes en primeiro plano. Mariñeiros, zapateiros, escultores, mestres, intelectuais ou carpinteiros cos que existía unha débeda que comezou a saldarse a partir da celebración do Ano da Memoria.