Pasar al contenido principal

Premio ás mellores imaxes sobre ciencia

O prazo para participar no Certame Nacional de Fotografía Científica xa está aberto

‘Fotciencia, Certame Nacional de Fotografía Científica’ premia ás mellores visións artísticas e estéticas sobre ciencia e tecnoloxía. Todas as persoas maiores de dezaoito anos interesadas en participar poden facelo ata o xoves 30 de outubro a través dun formulario dispoñible na páxina web do concurso.
Convocado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), o galardón divídese en dúas categorías, micro e xeral. Na primeira, o obxecto representado deber ser menor ou igual dun milímetro ou obter a imaxe mediante un instrumento de micrografía óptica e electrónica. Serán de 1.200 x 1.200 píxeles. Na segunda modalidade, o tamaño do obxecto superará o milímetro e terá un tamaño de 1.800 x 1.800.
Cun máximo de tres fotografías por autor, as imaxes serán de alta calidade, formato jpg e irán acompañadas dun texto explicativo que permita interpretar o seu interese científico. Os primeiros premios de cada categoría están dotados con 2.400 euros e os accésit con 1.200. Ademais, haberá un premio especial ‘Ano Internacional da Astronomía 2009’ de 1.200 euros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.09.2008.