Pasar al contenido principal

A USC entregou os premios aos alumnos que realizaron a matrícula por internet

Os alumnos que gañaron o sorteo posan en San Xerome con responsables da USC e patrocinadores
Os alumnos que gañaron o sorteo posan en San Xerome con responsables da USC e patrocinadores

Os estudantes da USC que resultaron agraciados con diversos premios no sorteo que a USC celebrou entre os preto de 24.000 matriculados por internet recibiron este martes os agasallos correspondentes nun acto celebrado no Colexio de San Xerome.
Participaron nesta entrega o xerente da USC, Pedro García; a secretaria xeral, Isabel García-Rodeja; o vicexerente de Xestión Académica, Francisco Colomer; o secretario xeral adxunto, Carlos Gómez; Jesús Sueiro en representación de Vodafone; e José Amado e Patricia Liboreiro en nome de Viaxes Iberia.
Os teléfonos móbiles correspondéronlles aos estudantes Breixo Gómez, de Económicas; Sonia Rodríguez Fernández, de Farmacia; Sonia Bello, de Educación Musical; Sonia Rodríguez Jiménez, de Veterinaria; e Gloria González, de Medicina.
Pola súa banda, a alumna de Relacións Laborais Sonia Pérez gañou unha viaxe para dúas persoas a unha cidade europea; mentres que Ánxela Taboada, de Educación Infantil, e Fernando José Jiménez, de Historia, resultaron agraciados cun billete de avión de ida e volta Santiago-Dubín coa compañía Air Lingus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2008.