Pasar al contenido principal

Presentación da exposición 'Alejandro Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país'

A exposición ‘Alejandro Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país’ renderá homenaxe ao que fora reitor da USC na década dos anos 30 cando se celebra o 75 aniversario do seu paramento. Esta nova iniciativa forma parte dos actos organizados pola Vicerreitoría de Cultura Compostela con motivo do Ano Rodríguez Cadarso.
A mostra presentarase en rolda de prensa este mércores 17 ás 12:30 horas no propio Colexio de Fonseca, sede da exposición, coa intervención do vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e do director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias.
O obxectivo desta exposición é recuperar a transcendental figura do que fora reitor da USC, Alejandro Rodríguez Cadarso, cuxo legado atópase actualmente perfectamente integrado na vida universitaria no Campus Sur, no espazo comprendido entre a Alameda e o Estadio de Atletismo. A inauguración da mostra celebrarase o mesmo mércores ás 20:00 horas coa presenza da conselleira de Cultura e do reitor compostelán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2008.