Pasar al contenido principal

O Instituto de Dereito Industrial da USC organiza un curso sobre patentes, marcas e dereitos de autor

O Instituto de Dereito Industrial da USC organiza o Curso de especialización en Patentes, Marcas, Dereitos de autor e Competencia co propósito de ofrecer unha sólida formación nestas materias tanto no eido nacional como internacional. Coa colaboración da empresa Clarke, Modet and Co, o prazo de pre inscrición no curso abre este mércores, 3 de setembro.
Cun total 160 horas lectivas impartidas en horario de tarde, as clases complementaranse coa elaboración obrigatoria dun traballo dirixido por un profesor do curso. O Instituto de Dereito Industrial escollerá a mellor das investigacións que será premiada con 1.500 euros.
Para obter o título, os alumnos tamén deberán presentarse a un exame final e realizar prácticas laborais de tres e seis meses de duración. Poderán ser remuneradas e terán lugar en oficinas de Santiago de Compostela, Bos Aires, Bogotá, México D. F., Río de Janeiro, Chile, Caracas e Lisboa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.09.2008.