O reitor Senén Barro presenta a oferta académica e o proceso de matrícula da USC para o curso 2008-2009
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, presentarán en rolda de prensa este mércores 2 a oferta académica e o proceso de matrícula na institución docente para o vindeiro curso 2008-2009.
Na presentación, que terá lugar ás 12:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Lugo, o reitor referirase á oferta docente en titulacións de 1º e 2º Ciclo así como aos novos graos e posgraos oficiais.
Estarán tamén presentes o vicexerente de xestión académica, Francisco Colomer; a xefa de servizo de Xestión da Oferta e a Programación Académica, Josefa Recalde, e o xefe do servizo de Xestión Académica, Ramón García Rey.