Pasar al contenido principal

O Grupo de Radon de Galicia da USC avanza nas súas investigacións sobre a relación entre o gas e o cancro de pulmón

O profesor Xoán Miguel Barros presenta o curso de verán 'Actualización do gas radon como factor de risco ambiental para a saúde humana'

O Grupo de Radon de Galiza da USC continúa investigando acerca da relación entre o gas e o cancro de pulmón, estudo que levou xa a rematar varios Mapas Comarcais de Radón. Algunhas das conclusións desta liña investigadora, así como os mapas de Santiago, Noia ou Barbanza, presentaraas o profesor Xoán Miguel Barros este luns 7 nunha rolda de prensa a celebrar ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
No mesmo acto, o profesor Barros aproveitará para presentar o curso de verán que dirixe baixo o título 'Actualización do gas radon como factor de risco ambiental para a saúde humana: implicacións das administracións, dos profesionais e dos cidadáns’. Neste curso analizaranse polo miúdo as últimas investigacións do grupo da USC sobre o radón en Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.07.2008.