A investigadora Elena Mena-Osteritz imparte unha conferencia en Química sobre microscopía túnel en semicondutores orgánicos
A investigadora Elena Mena-Osteritz, do Instituto de Química Orgánica II e Novos Materiais de Ulm, participa este xoves 10 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares.
A doutora Mena pronunciará a conferencia ‘Microscopía túnel en semicondutores orgánicos: da resolución subnanométrica á electrónica molecular’ nunha sesión que dará comezo ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química. O encontro está promovido polas tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación.