Pasar al contenido principal

Presentación da IV edición do programa formativo Teateatre

A vicerreitora adxunta de Infraestruturas, Celia Besteiro; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; a directora da Escola de Arte e Lecer do Colexio Fingoi, Asunción Fernández, e o membro de Palimoco Alberte Vivero, presentarán este mércores 9, ás 11:30 horas, a IV edición do programa formativo Teateatre, organizado por estas entidades e coordinado por Palimoco Teatro.
A presentación deste programa terá lugar no Salón de Actos do Concello de Lugo e estará amenizada polo monólogo de Sabela Eiriz, da obra de teatro Ulrike, de Darío Fo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.07.2008.