Pasar al contenido principal

O profesor Peter Bäuerle intervén no ciclo de conferencias da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares

A Rede de Ciencias e Materiais Moleculares desenvolve estes días na Facultade de Química unha serie de actividades dentro do seu ciclo de cursos, seminarios e conferencias para este ano.
Así, á conferencia que este xoves pronuncia a investigadora Elena Mena-Osteritz, súmase agora a intervención do profesor do Instituto de Química Orgánica II e Novos Materiais de Ulm, Peter Bäuerle, o venres 11 ás 12:00 na Aula Magna da Facultade de Química.
O profesor Peter Bäuerle pronunciará a conferencia ‘Novel Thiophene-Based materials for solar energy conversion’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.07.2008.