Pasar al contenido principal

O coordinador da iniciativa Starlight 2007 reuniuse en San Xerome co vicerreitor de Cultura

Cipriano Marín presentará a iniciativa este sábado na clausura do curso de verán de Rianxo

O vicerreitor de Cultura da USC, Elias Torres, recibiu hoxe no seu despacho ao secretario xeral do Centro UNESCO de Canarias, Cipriano Marín Cabrera, quen lle presentou a iniciativa Starlight 2007 da que el mesmo é coordinador.
Starlight, á que se lle suma a Declaración de La Palma en Defensa do ceo nouturno e o dereito a observar as estrelas, é unha iniciativa internacional en defensa da calidade do ceo da noite como ben científico, cultural e ambiental da Humanidade.
A iniciativa, xunto coa Declaración, presentaraas este sábado 12 ás 12:00 horas o propio Cipriano Marín na clausura do curso de verán ‘Actividades de astronomía nos concellos versus contaminación lumínica’ que se desenvolve na Casa da Cultura de Rianxo baixo a dirección de José Angel Docobo Durántez e Salvador X. Bará Viñas, que tamén asistiron á reunión co vicerreitor en San Xerome.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2008.