Pasar al contenido principal

Novas charlas do ciclo de Xenética Médica

O ciclo sobre xenética médica que organiza o Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago continúa este venres, día 29, con dúas novas charlas.
‘Farmacoxenética do tratamento con Antipsicóticos en Esquizofrenia’ será a cuestión a tratar ás 12:00 horas na Aula 2 do CHUS polo investigador da USC Alejandro Gesteira Ponce. A continuación, ás 13:00 horas, intervirá Beatriz Quintáns Castro, da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, con ‘Distrofia Muscular Oculofarínxea en España: correlación fenotipo-xenotipo e análise evolutiva da expansión (GCN) no xene PABPN1’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2007.