Pasar al contenido principal

Un experto falará en Veterinaria sobre o manexo dietético da osteoartrite

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo recibe este mércores, día 28, ao veterinario de Hill’s Pet Nutrition España, Juan Carlos Jiménez, que dará un relatorio sobre o manexo dietético da osteoartrite. A conferencia forma parte do programa de actividades do ciclo ‘O Compromiso das empresas coa formación do Veterinario’ que reinicia a súa actividade logo do periodo de exames. A intervención do representante de Hill´s desenvolverase a partir das 19:00 horas no auditorio da facultade luguesa.
No ciclo ‘O Compromiso das Empresas coa Formación do Veterinario’ entidades do sector expoñen os avances no mundo da empresa farmacéutica e da nutrición animal co obxectivo de achegarlles o mundo laboral aos alumnos da facultade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2007.