Pasar al contenido principal

A presidenta do Parlamento de Galicia inaugurou o Foro Casa Europa de Investigadoras e Tecnólogas

De esquerda a dereita, o reitor Senén Barro; a profesora Monserrat Nogueira; a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino; a profesora María Xosé Rodríguez Galdo; e o director do CEA, Félix...
De esquerda a dereita, o reitor Senén Barro; a profesora Monserrat Nogueira; a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino; a profesora María Xosé Rodríguez Galdo; e o director do CEA, Félix...

O Seminario Muller e Universidade (SMU) da USC inaugurou este luns o seu Foro Casa Europa de Investigadoras e Tecnólogas coa participación da Presidenta do Parlamento Galego, Dolores Villarino Santiago. O encontro celebrouse na Casa Europa da USC coa asistencia de numerosas profesoras e investigadoras da USC así como do reitor, Senén Barro, e do director do CEA-Casa de Europa, Félix Vidal.
O Foro, que coordina a profesora Monserrat Nogueira, pretende analizar con rigor a participación da muller en todos os ámbitos da actividade pública. Para iso, os asistentes debateron nesta ocasión sobre a situación da muller no Sistema Galego de Investigación e Innovación.
O Seminario Muller e Universidade, grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2007.