Pasar al contenido principal

O último curso do programa Teateatre celebrarase esta fin de semana no centro social de Fingoi

O último curso da terceira edición do programa Teateatre, organizado conxuntamente pola Vicerreitoría de Cultura da USC, o Concello de Lugo, a Escola de Arte e Lecer de Fingoi e a Xunta de Galicia, celebrarase os días 22 e 23 de decembro co título ‘Corpus: A improvisación’. O curso foi suspendido o día 2 de novembro debido a enfermidade do relator.
As distintas accións formativas organizadas dentro deste ciclo, que se desenvolven na cidade de Lugo desde hai tres anos, están coordinadas por Palimoco Teatro coa colaboración de FEGATEA. Este curso celebrarase no centro social de Fingoi de 9:30 e as 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 os dous días.
Este último curso do ciclo estará a cargo de Suso Díaz, director de La Imagina Machina e actor do grupo Sarabela Teatro, que afondará sobre a improvisación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2007.