Pasar al contenido principal

A incubadora de empresas da USC, Uninova, organiza un curso sobre presentación e xestión de proxectos ao VII Programa Cadro de IDT

A incubadora de empresas da Universidade de Santiago, Uninova, organiza un curso gratuíto sobre “Presentación e xestión de proxectos ao VII Programa Cadro de IDT” dirixido a proxectos e empresas promovidos desde o Programa Uniemprende así como a grupos de investigación da USC.
O curso, cunha duración de 16 horas, terá lugar os días 27 e 28 de decembro na Aula de Formación do Edificio Cactus da Universidade de Santiago de Compostela en horario de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas.
A finalidade desta acción formativa é a de promover a participación das PEMEs galegas no VII Programa Cadro da Unión Europea. Ademais, coa súa realización se pretende que os asistentes cheguen a coñecer os instrumentos de financiamento comunitario específicos para as PEMEs dentro do VII Programa Cadro, a identificar posibles financiamentos para proxectos concretos, a coñecer as ferramentas necesarias para elaborar unha proposta e a simplificar a xestión dos proxectos. A metodoloxía docente será integradora e participativa, con alternancia de fases teóricas e prácticas.
Como novidade, este curso ofrece a posibilidade de dispoñer, de xeito totalmente gratuíto, de apoio individualizado durante un ano para a presentación dunha candidatura ao VII Programa Cadro por parte dunha consultora especializada en proxectos europeos.
Esta acción formativa é gratuíta por estar financiada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación no marco do IN.CI.TE Plan Galego de I+D+iT 2006-2010. As persoas interesadas en participar pden contactar con UNINOVA no teléfono 981 519600 ou ben na conta de correo rosa [at] uninova.org (rosa[at]uninova[dot]org)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2007.