Pasar al contenido principal

Xornadas de Portas Abertas nos Centros de Recursos de Idiomas dos dous campus da USC

Coincidindo coa realización das probas de idioma para os alumnos solicitantes das bolsas Erasmus, o Cento de Linguas Modernas (CLM) da USC celebra do 12 ao 17 de marzo unhas xornadas de portas abertas nos seus Centros de Recursos de Idiomas de Santiago, na Facultade de Ciencias da Comunicación, e Lugo, na de Humanidades.
Con estas xornadas preténdese dar a coñecer os servizos prestados por estes centros así como polo CLM en xeral. A iniciativa desenvolverase en horario de mañá e tarde en Santiago, e en Lugo en horario de tarde así como as mañás de luns e mércores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2007.