Pasar al contenido principal

O Servizo de Normalización Lingüística trasládase ás Vivendas dos Catedráticos no Campus Sur

O Servizo de Normalización Lingüística trasládase ás Vivendas dos Catedráticos no Campus Sur

O Servizo de Normalización Lingüística da USC trasládase da Casa da Balconada para ocupar un espazo nas Vivendas dos Catedráticos, situadas no Campus Sur de Santiago. Os correos electrónicos continúan a ser os mesmos e só cambian os teléfonos para contactar con estas novas dependencias.
Deste xeito, o director do Servizo, Manuel Núñez Singala, atópase na extensión 14494; o administrador José Manuel Mosquera na 14490; e os técnicos de normalización lingüística, Isabel Vaquero e Manuel Bermúdez, nos números 14491 e 14493, respectivamente. Pola súa banda, os dous bolseiros, David Cobas e Rubén Fernández, estarán dispoñibles a través da extensión 14492.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2023.