Pasar al contenido principal

Dous expertos en historia da música da Universidade de Santiago explican en marzo a ópera bufa e a seria

Durante as xornadas, os asistentes escoitarán varias pezas musicais relacionadas coas charlas

A Fonoteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle este luns, día 19, ás 19:00 horas unha charla explicativa titulada ‘A ópera bufa: de Pergolessi a Rossini’ que pronunciará o catedrático en Historia da Música da USC, Carlos Villanueva. Para completar a formación dos asistentes, o encontro continuará da man do profesor da USC, Javier Garbayo, o luns 26 á mesma hora e lugar coa conferencia ‘A ópera seria: Don Giovanni de Mozart’.
Xa en abril, o docente Javier Garbayo seguirá coa iniciativa o luns día 16 co relatorio ‘A sinfonía: Sinfonía n.9 de Beethoven’. Ao mes seguinte, o catedrático Villanueva explicará ‘Tristán e Isolda’ de Wagner o luns 7 e o ballet no século XX o luns 21. Durante todas as xornadas, que se celebrarán na Facultade de Ciencias da Comunicación ás 19:00 horas, os asistentes gozarán das pezas musicais relacionadas coas charlas explicativas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.03.2007.