Pasar al contenido principal

A USC e a Deputación de Lugo asinan un convenio para construír un edificio que albergará servizos das titulacións de Obras Públicas e Topografía

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, asinarán este martes, día 27, un convenio de colaboración para a construción dun edificio que albergará dependencias das titulacións de Obras Públicas e de Topografía do Campus de Lugo. O acto celebrarase ás 12:30 horas na Sala de Comisión da Deputación Provincial de Lugo.
O futuro edificio estará situado nas proximidades da Escola Politécnica Superior nuns terreos pertencentes á Deputación e albergará instalacións preparadas principalmente para laboratorios, seminarios e outros espazos dedicados á investigación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2007.