Pasar al contenido principal

A USC pon en marcha un programa de traballo de participación e interrelación culturais entre a USC e a sociedade

Dar a coñecer o patrimonio universitario, aumentar a cooperación dos axentes sociais no ámbito da transferencia de cultura e sociedade e contribuír a unha maior información da cidadanía son os tres eixes vertebradores do programa que a Vicerreitoría de Cultura da USC presenta este martes, día 27, en roda de prensa.
O acto será ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca e contará coa presenza do vicerreitor de Cultura, Elías Torres; e dos coordinadores do proxecto no Campus de Santiago, os profesores Manuel Bermejo Patiño, Marcial Gondar Portasany e Manuel Jordán Rodríguez, e no Campus de Lugo, Bernardo García Cendán.
O programa consta de tres liñas de acción independentes. Por unha banda, a posta en valor do patrimonio histórico-artístico, técnico, científico, cultural e paisaxístico da USC; por outra, tratar de relacionar á universidade e á sociedade, particularmente no cadro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal; e, finalmente, fomentar o debate social, económico, político e cultural.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2007.