Remata no Campus de Lugo o ciclo de charlas dedicado ao lume cun debate sobre as medidas de control dos riscos de incendio
Unha mesa redonda sobre o control do risco de incendio nos montes galegos pecha, este martes 27, o ciclo ‘O lume, unha ollada diferente. Causas estruturais, prevención e control’ organizado pola Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e o Club Sociocultural Valle-Inclán.
No debate, que se celebrará no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado ás 20:00 horas, participarán os profesores da Escola Politécnica Superior, Francisco Dans del Valle, María Rosa Mosquera Losada e Ana Daría Ruíz González.