Pasar al contenido principal

O programa do XIII Festival Internacional de Teatro para Compostela remata este martes con dúas novas representacións

No Campus de Lugo as representación estenderanse ata o mércores 28

O XIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC celebrará este martes 27 a súa última representación no Campus de Santiago con dúas funcións a cargo da Escola de Teatro Espacio Aberto e da Compañía de Teatro da USC-Lugo. En Lugo, este certame estenderase ata o próximo mércores 28.
O programa previsto para o martes comezará ás 19:00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño coa representación de ‘A noite xusto antes dos bosques’ de Bernard Koltés a cargo da Escola de Teatro Espacio Aberto. Seguiralle, a partir das 21:30 horas no Teatro Principal, a obra ‘O público’ de Federico García Lorca interpretada pola Compañía de Teatro da USC.
Campus de LugoNo Campus de Lugo, o grupo ‘La Vuelta’, da Universidade Autónoma de Querétaro en Conaculta-Fonta (México) interpretará a obra ‘Frieda’ de Ivonne Ruíz, que conmemora os 100 anos do nacemento da artista mexicana Frida Kahlo. O Auditorio Gustavo Freire acollerá, ás 21:00 horas, esta peza que representa como a pintora se servía da arte para soportar a súa enfermidade. O nome de ‘Frieda’ escrito no orixinal alemán estrutúrase como unha homenaxe da artista mexicana ao seu pai, quen lle axudou a atopar o sentido da vida a través da arte, xa que foi el o encargado de iniciala na pintura.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2007.