Pasar al contenido principal

A educación ambiental debe promover actuacións de respecto polos recursos e a biodiversidade

O I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia continuou este xoves na Facultade de Filoloxía

Ademais de informar e formar, a educación ambiental debe levar a cabo actuacións de respecto polos recursos e a biodiversidade, segundo explicou o director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia (CEIDA) no transcurso da sesión matinal do I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia que se celebrou este mércores 26 na Facultade de Filoloxía.
Pola tarde, o encontro, organizado pola USC en colaboración co CEIDA e a Universidade de A Coruña, continúa abordando o estado da educación ambiental en Galicia, Cabo Verde e Mozambique cun debate no que participan o profesor da USC, Pablo Meira; a representante do Instituto Superior de Educaçao de Cabo Verde, Aidil Borges; e a membro do Ministerio para a Coordenação da Acção Ambiental de Mozambique, Vilela de Sousa. Despois, ás 20:30 horas, a Facultade de Filoloxía acolle a asemblea da Asociación Internacional de Investigadores en Educación Ambiental NEREA investiga.
Sesión do xoves 27A última xornada do congreso, que terá lugar este xoves 27 no mesmo centro, dará comezo ás 9:30 horas co diálogo ‘As identidades da Educación Ambiental’. No debate participarán os profesores da USC Manuel Bermejo e José Antonio Caride xunto coa docente da Universidade Luterana de Porto Alegre, Isabel Carvalho. Deseguido, ás 12:30 horas, representantes de Portugal, Guinea Bissau, San Tomé e Príncipe profundarán sobre a situación da educación ambiental nestes países.
Na sesión vespertina, a partir das 16:00 horas discutirase sobre cooperación e sustentabilidade e, ás 18:30 horas, presentarase o Proxecto Voz Natura. Finalmente, ás 19:00 horas, exporanse os resultados obtidos nas áreas de traballo e, ás 20:00 horas, celebrarase o acto de clausura do congreso.
Actividades culturaisUnha das aspiracións deste congreso internacional é promover o intercambio cultural e de experiencias entre os participantes e a construción dunha identidade lusófono-galega. Por iso, de xeito paralelo ao encontro, organízanse outros espazos culturais abertos a todas as persoas interesadas entre os que destaca a exposición fotográfica reveladora da realidade socioambiental dos países lusófonos situada na Facultade de Filosofía e titulada ‘Ollando a lusofonía’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2007.