Pasar al contenido principal

O luns comezará en Psicoloxía o I curso de experto en Comportamento Deportivo

Mellorar a formación dos técnicos a través do estudo e análise das claves psicolóxicas e sociais do comportamento dos deportistas, dos adestradores e do seu ambiente é o obxectivo dun curso de experto que na súa primeira edición se imparte a partir do luns, día 5, na Facultade de Psicoloxía. A inauguración terá lugar ás 16:30 horas e a ela asiste o director do curso, o profesor Constantino Arce.
O I Curso de Experto en Comportamento Deportivo, dirixido a técnicos deportivos da Comunidade Autónoma Galega, desenvólvese ao abeiro dun convenio entre a Fundación Deporte Galego e a Universidade de Santiago. Con cen horas de duración, as clases correrán a cargo dunha ampla selección de especialistas formados na Unidade de Psicoloxía Deportiva da USC, que expedirá un diploma de experto universitario a todos os participantes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2007.