Pasar al contenido principal

O Consello Regulador da Ribeira Sacra recibe en Lugo o VII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Pérez Touriño preside a entrega do galardón nunha cerimonia que se celebrará este venres ás 20:00 horas na facultade de Veterinaria

O reitor da USC, Senén Barro e máis o titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, asistirán ao acto de entrega do VII Premio Aresa nunha cerimonia que se celebrará no Auditorio de Facultade de Veterinaria do campus de Lugo este venres, día 12, ás 20:00 horas. O premio, dotado cun diploma de mérito e 10.000 euros, será entregado ao Consello Regulador Ribeira Sacra en recoñecemento “á traxectoria das cen adegas e os 2.897 viticultores integrados na Denominación de Orixe”.
O acto continuará cunha conferencia do catedrático de Patoloxía e Produción Animal da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, sobre a conservación dos recursos naturais fronte aos lumes nos montes.
Á entrega do Premio Aresa asistirán, entre outras personalidades, os membros do xurado da sétima edición, o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre e o reitor de Universidade de Barcelona, Lluís Ferrer Caubet.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.01.2007.