Pasar al contenido principal

O presidente de Blue:Sens ofrece unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

‘O milagre BLU:SENS’ é o titulo da conferencia que José Ramón García González, presidente de Blu:Sens, a empresa galega líder en electrónica de consumo de maior proxección internacional, ofrecerá na Aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC este mércores, día 17, ás 16:00 horas. José Ramón García, un dos emprendedores españois máis versátiles no sector das novas tecnoloxías, explicará as propostas innovadoras desta punteira empresa cuxos principais obxectivos son a internacionalización e a inversión en I+D.
Ante os novos retos no ámbito da comercialización e dos negocios internacionais, e no marco da progresiva globalización da economía, o Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da USC, un dos máis prestixiosos do panorama nacional e internacional, ofrece coa intervención do director xeral de Blu:Sensun foro privilexiado para canalizar as sinerxías entre universidade e empresa.
Deste xeito, José Ramón García falará das estratexias de internacionalización desta empresa galega que en tan só cinco anos xa rivaliza coas maiores multinacionais do sector das novas tecnoloxías como Sony ou Apple. Explicará como Blu:Sens Technologies triunfa nun sector dominado polas marcas multinacionais grazas ás súas estratexias en innovación, creatividade, planificación, xestión de capital humano e financeiro e, o máis importante, pola súa progresiva internacionalización a grande escala. Para iso conta xa con filiais en Dubai, China, Hong Kong e México, atendendo o mercado de 57 países.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2007.