Pasar al contenido principal

O creador da Asociación 'Itinera' Carlos Martínez Uzal recibe o vindeiro luns o III Premio Humanitas

O presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira, e o presidente da Asociación de Antigo Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC), Perfecto Yebra Martul-Ortega, entregaranlle o vindeiro luns, día 22, o III Premio Humanitas a Carlos Martínez Uzal, colaborador da Oficina de Voluntariado da universidade compostelá e creador da Asociación ‘Itinera’, entidade que ten como obxectivo prestar apoio ás persoas que sofren trastornos mentais severos e persistentes na comunidade.
A entrega do Premio Humanitas celebrarase nun acto que dará comezo ás 13:00 horas no Salón de Planos do Consello Social (Casa da Concha. r/ da Conga, 1) coa asistencia ademais do vicerreitor de Cultura, Elías J. Torres, e no que tamén se dará conta dunha nova convocatoria do Premio.
O premio Humanitas convócano o Consello Social da institución docente compostelá e a AAAAUSC co obxecto de galardoar aquela actividade que se distinga polas súas cualidades humanas a través da dedicación e implicación en actividades solidarias, sociais e humanitarias.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2007.