Pasar al contenido principal

Unha xornada técnica formará aos investigadores da USC sobre os aspectos xurídicos da creación de empresas de base tecnolóxica

Dirixida a investigadores da Universidade de Santiago, o programa Empresa-Concepto organiza o vindeiro día 30 unha xornada técnica sobre aspectos xurídicos da creación de Empresas de Base Tecnolóxica (EBT). Esta xornada celebrarase no edificio Cactus do Campus Sur en horario de 10:00 a 14:00 horas impartida por Carlos A. Gómez Otero, secretario xeral adxunto da USC.
No encontro, os asistentes recibirán formación relativa aos novos retos da I+D+i e a cultura emprendedora; a titularidade e explotación de resultados de investigación con especial atención a cuestións relacionadas con patentes, propiedade intelectual, ou know how; características e aspectos legais a ter en conta na creación de EBT; ou a participación do persoal universitario nestes proxectos, afondando en aspectos como a dedicación, compatibilidades ou situación administrativas.
O programa da xornada referirase ademais á participación no capital dunha EBT, relacións entre a Universidade e unha EBT, incidencia da modificación da LOU na creación de EBT’s ou mecanismos de apoio para a creación deste tipo de sociedades empresariais.
As persoas interesadas en participar nesta xornada técnica deberán confirmar a súa asistencia antes do día 29 de xaneiro no enderezo de correo electrónico info [at] empresaconcepto.org (info[at]empresaconcepto[dot]org).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2007.