Pasar al contenido principal

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo entregou os diplomas do II Máster en Prevención de Riscos Laborais

Os alumnos da II Edición do Máster en Prevención de Riscos Laborais recolleron este xoves os diplomas que os acreditan como Técnicos de nivel Superior en Prevención de Riscos Laborais. A entrega, que tivo lugar no Salón de Actos ‘José Rodríguez Mourelo’ da Facultade de Ciencias, reuníu a máis dun centenar de persoas.
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, foi o encargado de dar comezo á celebración, e aproveitou a ocasión para anunciar que a partir do vindeiro mes de marzo os alumnos da USC terán a opción de cursar un novo máster con recoñecemento estatal en materia de prevención de riscos laborais. Posteriormente, os dous directores do curso, o decano da Facultade de Ciencias Francisco Fraga e o profesor José Carlos Quintas Fernández, fixeron entrega dos diplomas aos 36 alumnos que lograron superar este posgrao.
Ao acto tamén asistiron representantes das entidades colaboradoras do curso, entre as que se atopan a Mutua Universal, Mutua Galega, Navantia, Coren, Polusa ou o Hospital Xeral de Lugo, empresas nas que os alumnos do máster recibiron a formación práctica correspondente.
Con este máster os alumnos obteñen o título de Técnicos de nivel Superior en Prevención de Riscos Laborais de acordo coa formación requirida na lexislación vixente, podendo os alumnos escoller entre calquera das tres especialidades, Seguridade, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, e Hixiene Industrial. A duración total do curso foi de 800 horas das que 316 horas eran de carácter presencial, 484 a distancia e 50 horas correspondentes a prácticas en empresas e institucións relacionadas coa prevención de riscos laborais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2007.