Pasar al contenido principal

A Área de Autoemprego do Campus de Lugo inicia o luns un seminario de planificación empresarial

Impartirase na Facultade de Administración e Dirección de Empresas

A Área de Autoemprego do Campus de Lugo iniciará o luns, a partir das 16:00 horas, un Seminario de Planificación Empresarial que se impartirá no Seminario nº 2 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas a cargo do Igape e de BIC-Galicia.
Os obxectivos desta acción formativa, na que participarán 15 persoas cos seus respectivos proxectos de empresa, é dar a coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio, deseñar e elaborar o proxecto de empresa, contrastar a viabilidade económica e financeira do mesmo e apoiar a creación e a posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolven os seminarios.
O curso consta de sete sesións de formación e dúas máis de apoio ao asesoramento de proxectos cunha sesión previa de entrevistas para a avaliación das ideas empresariais.
Nas sesións formativas facilitarase ao emprendedor a metodoloxía e ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa. Por isto o seminario en sí é útil para aqueles emprendedores que teñan as ideas de negocio desenvolvidas cualitativamente e teñan un esbozo cuantitativo da idea; é dicir, aqueles proxectos que estean sendo asesorados e tutelados por entidades colaboradoras.
Para complementar a formación, as sesións de titoría realizaranse a medio curso e ao final para que os asitentes podan traballar no seu proxecto durante toda a formación.
O seminario terá unha duración aproximada de 35 horas, desenvolvidas en xornadas de cinco horas dende o luns e ata o 14 de decembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2007.