Pasar al contenido principal

A Sociedad Española de Farmacogenética e Farmacogenómica celebra en Santiago o seu terceiro congreso

Máis de trescentos expertos participan no terceiro congreso da Sociedad Española de Farmacogenética e Farmacogenómica
Máis de trescentos expertos participan no terceiro congreso da Sociedad Española de Farmacogenética e Farmacogenómica

Máis de trescentos expertos asisten este venres 16 e o sábado ao III Congreso da Sociedad Española de Farmacogenética e Farmacogenómica que se desenvolve na Facultade de Medicina co obxecto de analizar a actualización destas disciplinas, intercambiar novas experiencias na aplicación práctica e establecer colaboracións científicas e de interacción coa industria.
Tanto a farmacoxenética -estudo das variacións en ADN que explica a diferente resposta individual aos fármacos- como a farmacoxenómica –aplicado ao ARN e, por extensión, á busca de novas dianas con ferramentas xenómicas- son campos de grande actualidade que cada vez cobran máis auxe.
O congreso inaugurouse nun acto ao que asistiron o reitor da USC, Senén Barro; a conselleira de Sanidade, María José Rubio; o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido; o decano da Facultade, José María Fraga; e os organizadores do congreso, os profesores Ángel Carracedo e Fernando Domínguez.
O evento reune en Compostela a expertos chegados de Universidades e prestixiosos centros de investigación de todo o mundo que mostrarán os últimos avances en materias relacionadas coa diversidade do xenoma humano, as variacións xenéticas nas dianas de certos fármacos ou a farmacoxenética de determinados compoñentes no tratamento de enfermidades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2007.