Pasar al contenido principal

A residencia Monte da Condesa ensina nunha charla a recoñecer os cogomelos de Galicia

A Bolsa de Aula Verde da Residencia Universitaria Monte da Condesa organiza este martes, día 13, unha charla-coloquio sobre os cogomelos dende unha perspectiva social e biolóxica tentando achegar técnicas de recoñecemento das principias especies presentes en Galicia e cales teñen uso alimenticio, son potencialmente tóxicas ou non comestibles.
Na charla, que terá lugar ás 22:00 horas na Sala de Usos Multiples (primeiro andar), intervirá como experto Martín Souto, biólogo doutorando de Botánica, debuxante de natureza e membro de Andoa, Sociedade Micolóxica de Cambre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2007.