Pasar al contenido principal

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas organiza en Vigo un curso para informadores de Oficinas de Turismo e guías

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) da USC desenvolverá en Vigo, a finais de novembro e comezos de decembro, a segunda edición do curso de formación para informadores de Oficinas de Turismo e guías. Os interesados disporán ata o 16 de novembro para inscribirse.
En datas alternas e horario de tarde o curso impartirase na Biblioteca Central (Rúa Joaquín Yáñez, 6), sendo a inauguración o luns, 19 de novembro, ás 16:15 horas. Logo do acto de apertura, o doutorando José Balsa falará da cartografía turística oficial de Galicia para continuar cun relatorio sobre xestión creativa e desenvolvemento turístico de itinerarios.
Nas vindeiras xornadas os matriculados participarán en visitas guiadas por Vigo e Cambados e asistirán a diversas charlas sobre deseño de rotas de sendeirismo, material de promoción turística, interpretación do patrimonio cultural e de recursos naturais e paisaxísticos e calidade do servizo e atención ao cliente no sector.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2007.