Pasar al contenido principal

Proxéctase o filme 'Unha mente marabillosa', unha semana antes de que o seu protagonista visite Santiago

John Nash participará en Compostela no Programa ConCiencia

Enmarcado no Programa ConCiencia de divulgación científica, e por mor da inminente visita do matemático John Nash, este mércores 14 proxectarase ás 20:00 horas na Aula Socio-Cultural de Caixa Galicia a película ‘Unha mente marabillosa’, de Ron Howard. O acto estará presentado polos profesores Ignacio García Jurado e Juan José Nieto Roig.
O filme, interpretado por Rusell Crowe e Jennifer Connelly, recrea a vida do matemático John Forbes Nash Jr, que en 1994 foi Premio Nobel de Economía. Cunha personalidade excéntrica, a súa carreira profesional sufriu un drástico cambio cando a súa brillante mente se viu atacada pola esquizofrenia.
John Forbes Nash Jr. visitará Compostela a vindeira semana para manter xuntanzas con investigadores da USC e impartir unha conferencia o mércores 21.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2007.