Pasar al contenido principal

As consellarías de Cultura e Educación colaborarán na promoción da práctica deportiva nas universidades

As consellarías de Cultura e Deporte e de Educación e Ordenación Universitaria comprometéronse a financiar con 54.000 euros actividades de promoción do deporte nos campus universitarios galegos. A iniciativa formalizouse este venres 30 nun convenio asinado polas conselleiras de Cultura, Ánxela Bugallo; de Educación, Laura Sánchez Piñón; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro; o vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade da Coruña, Luís Caparrós; e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago.
O convenio promove a organización e a participación nos Campionatos Galegos Universitarios e nos Campionatos Deportivos Universitarios en Galicia coa presenza de universidades de fóra da comunidade, así como para o fomento da práctica deportiva en colectivos nos que se detecta unha baixa incidencia.
A Consellaría de Cultura e Deporte ten previsto para o ano 2008 incrementar substancialmente a cantidade fixada neste convenio de colaboración para dotar as actividades deportivas universitarias cunha partida permanente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2007.