Pasar al contenido principal

Abre en Lugo a exposición cos traballos presentados ao concurso de pintura e debuxo '150 aniversario da Facultade de Farmacia'

Consta de 42 obras e o veredicto do xurado farase público no campus lucense o xoves

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas acolle dende este, xoves 22, a exposición dos traballos que se presentaron ao Certame de pintura ‘150 aniversario Facultade de Farmacia’, que organiza este centro en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura e que se outorgará o próximo xoves, día 29.
Son un total de 42 cadros de diferentes estilos e formatos e de temáticas diversas que se poden visitar nos vestíbulos da facultade, entre as 9:00 e as 21:00 horas, ata o venres día 30.
O xurado reunirase o xoves 29 para facer publico o veredicto do concurso en Lugo. Outorgaranse dous galardóns na categoría de pintura, dotados con 1.500 e 1.000 euros cada un, e outros dous en debuxo, de 1.000 e 500 euros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2007.