A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra a súa XII asemblea xeral ordinaria
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra na tarde deste venres, día 30, a partir das 19:00 horas no hotel compostelán Los Abetos, a súa XII asemblea xeral ordinaria.
Así mesmo, con motivo da II Convocatoria do concurso de Relato Curto organizado pola mesma Asociación, ás 20:00 horas e con acceso público a toda a comunidade universitaria, o catedrático de Literatura Española da USC José Manuel González Herrán pronunciará unha charla sobre a literatura da escritora galega Emilia Pardo Bazán titulada ‘Emilia Pardo Bazán, unha muller no seu tempo: 1851-1921’. Ao remate farase entrega do premio ao gañador do concurso.