Pasar al contenido principal

Eugenio Domínguez Vilches ofrece unha charla sobre o cambio climático este xoves en Maxisterio

O catedrático de Botánica da Universidade de Córdoba Eugenio Domínguez Vilches ofrecerá este xoves, ás 20:00 horas, unha conferencia na Escola Universitaria de Formación do Profesorado co título ‘Arredor do cambio climático’.
A conferencia forma parte do ciclo Cultura e Conciencia, coordinado por Domingo Docampo e organizado polo Consello da Cultura Galega. Este ciclo de charlas foi elaborado ao abeiro do Ano da Ciencia e no marco do Plan Galego de I+D+i coa intención de unir reflexións sobre a física, a economía, a demografía ou a alimentación da man de expertos de recoñecido prestixio internacional, que ofrecen as súas perspectivas nas sete cidades galegas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2007.